Antón Losada facts

Anton Losada Facts
Baseados nos Chuck Norris Facts

As bágoas de Antón Losada puideron apagar todos os lumes do último verán en Galiza. Pero Antón losada nunca chora.

O titulo orixinal de “Sempre en Galiza” era “Un dia na vida de Antón Losada”.

Antón Losada non da conferencias, da advertencias.

Antón Losada foi o que matou a Costa da Morte.

A carga do Prestige era unha transfusión de sangue para Antón Losada. Todavia está preparando a vinganza.

Antón Losada NUNCA leva paraugas en Santiago.

Antón Losada é asesor do BNG, PSOE e PP ao mesmo tempo. Ninguen se atreve a facer nada.

Antón Losada nunca tivo un blog. Ten a súa propia wikipedia.

Antón Losada non ten ningun parente en común contigo.

Antón Losada xoga ao tute cunha soa carta. Nunca perdeu.

Antón Losada ten varias piscifactorías en Touriñan.

A fenda dixital foi orixinada por un colgue do pc de Antón Losada.

Antón Losada ten un blog en isolo na páxina da AGAL.

Antón Losada pode conquistar Zamora en 59 minutos.

Antón Losada é peor pai que Darth Vader.

Antón Losada escribe en reintegrado, isolo e castelán ao mesmo tempo.

Antón Losada fai chorar ás cebolas.

Antón Losada unha vez deulle unha palmadiña na espalda a Ramón Sampedro.

Antón Losada foi a primeira galega en sair en pelotas en inteviú.

As balas de Ana María Ríos eran supositorios que lle encargara Antón Losada.

Antón Losada limpa o cu con Estatutos de nación.

O excedente enerxético galego gástase integramente cada mañá alimentando a maquinilla de afeitar de Antón Losada.

Antón Losada naceu todos os dias do ano, excepto o 25 de Xullo.

O preambulo do Estatuto levará unha foto de Antón Losada (por rober)

Hai un galego na lúa: Antón Losada (por rober)

Antón Losada facia un doble papel na versión teatral de Os Dous de Sempre.

Antón Losada escribe con eñe-agá (ñh) (inspirado por Fer)

Antón Losada Diéguez foi ao xulgado a cambiarse o nome e o primeiro apelido (anónimo)

Non houbo acordo sobre o Estatuto porque Antón Losada non estaba sentado na mesa (por rober)


Sobre este post