Cartelería galega (I)

Cartelería galega, a photoset on flickr

Cartelería Galega, a photoset on flickr

(set de 873 cartaces galegos da segunda metade do s.XX)

Os carteis son unha das partes máis importantes da nosa historia visual: anuncian, mostran, patrocinan, protestan e incluso berran. Os carteis transcenden o soporte e teñen un reflexo real que vai máis alá da simple disposición estética. Estan con nós dende que imos as primeiras veces ao médico, na escola, na rúa, nos bares, na universidade e en calquera ámbito nos que nos poidamos mover na nosa vida. Por eso son tan importantes. Cada cartaz que vemos e lembramos traenos á memoria un momento vital máis ou menos importante dunha época que xa foi, onde había xente que nos quería dicir cousas mediante cachos de papel pegado nas paredes, e mesmo moitas veces parte de esa xente eramos nós mesmos.

Por esas e moitas outras razóns creo que aos cartaces deberíaselles dar tanta ou máis visibilidade que ás outras artes plásticas. A todos e cada un deles.

Hai tempo que a rede de bibliotecas nodais de Galiza está facendo labores de escaneado e publicando os carteis na súa lamentablemente engorrosa e pouco visible páxina web, allea ás redes sociais e descoñecida pola comunidade galega en internet, algo que considero inxusto. De aí que ao ver tremendo tesouro gráfico oculto decidín que unha das miñas misións para este ano sería buscar unha serie de hacks para conseguir trasladar todos eses gráficos e información a unha rede social onde puideran ser vistos, comentados e compartidos polo maior número de xente posible. A fin de contas o traballo das bibliotecas fíxose cos nosos cartos.

O primeiro paso foi exportar en forma de fichas bibliográficas todos os carteis dispoñibles na páxina, correspondente ao catálogo bibliográfico da biblioteca da Coruña. Escollín esta por ser a que contiña a maioria da publicacións da Xunta de Galicia, que probablemente sexan as máis lembradas. Aparte de ser a única que tiña disponíbeis imaxes dixitais no seu catálogo online. Esa é a razón de que predominen os carteis da cidade e provindia da Coruña. Para próximas ampliacións quedan pendentes Lugo, Ourense e Pontevedra, se nalgún momento poñen a disposición do público o seu catálogo de imaxes dixitais.

O proceso comezou por facer unha busca por “imagen digitalizada” (no campo “calquera campo”) que me devolveu 876 cartaces escaneados dos que fun sacando listados de 200 en 200 fichas bibliográficas en formato OPAC. Logo fun unindo esas listas de fichas bibliográficas e mediante unha combinación de comandos básicos unix -grep, awk e wget- e con axuda de Álvaro conseguín extraer as urls das imaxes e baixalas a un directorio do meu mac (178 Mb. de fotos). Despois apliquei unha serie de transformacións de texto no listado de fichas gracias ao excelente soporte de expresións regulares do Textmate e en pouco rato tiña un ficheiro XML que contiña o listado completo de fotos xunto ao seu título e á súa descrición. A parte máis importante xa estaba feita. Fixen tamén unha versión do xml ese donde se referencian as urls reales das fotos na súa ubicación orixinal que podedes descargar aquí.

Subir fotos a flickr é un proceso ben fácil, aparte da subida vía web hai infinidade de ferramentas que che permiten subir longas listas de fotos sen moita complicación, pero ningunha delas permite subir as fotos e coller os títulos e as descricións de fontes externas. Podedes mirar, pero non hai. E iso era algo que non queria evitar, se subia as imaxes con elas tiñan que subir as súas descripcións. Preguntei nos foros de flickr e rapidamente me redirixiron á API que flickr pon a disposición dos usuarios para crear programas que se comuniquen co xestor de fotos. Un pouco de investigación foi suficiente para comezar a última fase do proceso: a subida a das imaxes.

Para esta subida tiña claro o que ía facer: tiña que crear un programa que subise as fotos unha a unha, e que á súa vez collese os datos de cada foto do ficheiro xml. Para facer isto usei varias bibliotecas que me axudaron bastante no traballo:

  • uploadr.py (unha biblioteca en python para subir fotos a flickr)
  • XML Parser Class (unha biblioteca de php para ler ficheiros XML e transformalos nun Array
  • phpFlickr (unha biblioteca de xestión de fotos de flickr escrita en php)

A combinación destes elemento permitiume crear un pequeno programa en PHP que se executaría no Apache que vén de serie co meu MacBook e que se encargaría de realizar o proceso de subida para a miña conta de flickr (convertida en “pro” para a ocasión). O proceso durou case 4 horas e por sorte só deu un pequeno erro á altura da foto 476 por culpa dun arquivo jpg corrupto.

Ben, o método está probado e funciona. A quen teña máis curiosidade sobre o tema non teño problema en pasarlle todo o código que usei para realizar este proceso. O meu mail é bertez@gmail.com.

Proximos pasos: facer o mesmo con todas as bibliotecas nodais que teñan disponíbel o seu catálogo en liña. Eu creo que paga a pena.

Engadido:

Como pequeno engadido, Pancho comentoume hoxe se se poderían extraer tamén as imaxes da Fundacion Galiza Sempre e despois de fozar un pouco na páxina (e mirando os arquivos que gardaba na cache o navegador) vin que todas as imaxes que carga o flash teñen números correlativos polo que son facilmente extraibles usando unha simple liña de javascript, simplemente podedes copiala, abrir unha nova pestaña de navegador e pegala na barra de direccións vacía:

javascript:for(i=18;i<160;i++){document.write('<img src="http://www.galizasempre.org/imagenes/imagen'+i+'.jpg">')}

e aí tedes todas as fotos que carga no mosaico ese tan chulo.


Referencias na rede:


Sobre este post