Nube de topónimos galegos

Nube de topónimos
Nube de topónimos galegos

(unha representación visual da toponímia galega)

As Nubes de datos (ou listas de relevancia) son representacións visuais de información que usan o tamaño do texto para mostrar a frecuencia de cada elemento listado. Son útiles para visualizar relacións entre frecuencias de datos sen ter que perderse entre valores numéricos.

As nubes de datos fixéronse famosas en internet por representar tags: as chamadas nubes de tags frecuentes en sitios webs que usen folksonomias para estructurar a información. Por exemplo: a nube de tags de chuza!

Esta pequena aplicación é unha representación en forma de nube de datos de 34.000 37.000 topónimos galegos extraidos do Nomenclátor 2006 do INE que me pasou fai tempo Calidonia (e que me actualizou fai un rato Rodrigo). Cada topónimo está representado cun tamaño de fonte proporcional a súa frecuencia con respecto ao resto. Por exemplo: en Galiza hai 29 lugares chamados Vigo pero só unha Coruña, polo que Vigo aparecería representado cunha fonte moito máis grande que Coruña.

Tecnicamente (pouco) falando o procesado e filtrado dos datos por parte do usuarios é posíbel gracias a un sinxelo script en php (aquí o código fonte) que consulta unha táboa nunha base de datos mysql (aqui os nomes dos sitios, SQL, 1.6 Mb). Podedes baixalos, probalos e modificalos ao voso gusto.

O resultado final podedes velo aquí. Xogando un pouco cos filtros (nome e frecuencia) poderedes atopar algunha nube de datos interesante, por exemplo, se escollemos so topónimos que correspondan a máis de 100 lugares veremos que a lista queda reducida a tan só 6 nomes (e dous deles repetidos): A Igrexa, Castro, O Castro, O Outeiro, Outeiro, Vilar que creo que son bastante representativos.

Que vos preste :)


Sobre este post